
Co curso realizado por Piroleces poderá facer esos retoques ás súas fotografías e presentarse como candidato á alcaldía do seu concello, tal como se pode visualizar neste exemplo:
- Aprenda as técnicas máis sofisticadas de Photoshop como duplicar (e reflexar) pezas da súa dentadura para tapar os ocos dos seus dentes ausentes.
- Dealle esa cor amarela aos dentes para facelos máis naturais e que contrasten co branco impecable da camisa
- Cree espectaculares efectos de difuminado nas súas fotografías que causará a envexa de máis de un.
- Aplique efectos hiperrealistas como o logotipo sostido coa man de xeito que ninguén note que se trate dun montaxe (pensabas que era real, eh?, ademáis fai xogo coa corbata, xenial!!)
- Poderá corrixir aquelas manchas, arrugas ou outros defectos coa ferramenta tampón. (A que non sabían que a frente está retocada?)
- Ademáis pode colocar texto encima da foto, empregando as tipografías máis modernas e atractivas do momento (freehand, comic sans, times new roman, arial, etc)
(1 hora e cuarto).
& 

